LÚA COMPAÑÍA DE ÓPERA

PROXECTO LÓVA

sábado, 30 de xuño de 2018

SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles. 
Pedíronnos que lles contaramos a nosa experiencia LÓVA, e así o fixemos. Publicaron este artigo na contraportada, antes da estrea en Viveiro. Pareceulles unha gran idea invitar aos nenos e nenas de tódolos coles de Viveiro.






Ademais, o último día de curso chamounos por teléfono a redactora na comarca do Ortegal de "La Voz de Galicia", con quen xa tiñamos contactado en varias ocasións, e nos puxera unha reseña  no seu xornal anunciando a nosa exposición de pinturas. Pero foille imposible vir antes polo cole... Dedicounos un espazo no comarcal do día 28 de xuño, xa despois da estrea. 


Moitas grazas por difundir o noso traballo a "El Progreso" de Lugo, e "La Voz de Galicia".

venres, 22 de xuño de 2018

CHEGÓU O MOMENTO!

É hora de presentar o traballo realizado durante todo o curso. É hora da estrea da nosa ópera, en tres lugares diferentes, en tres datas diferentes: 
12, 13 e 14 de xuño de 2018!!


Martes,12 de xuño. Repesentación no Salón de Actos do cole. 
Estabamos bastante tranquilos, a pesar dos apuros de montaxe, pois era na nosa casa. Asistiron todo o alumnado e profesorado. Ese día, démonos conta de que sí, podiamos! 






Mércores, 13 de xuño. Representación no Auditorio Municipal de Cariño 
Estaba cheo de xente. Todo era máis grande, pero non estabamos nerviosos. Só algo apurados.

Os iluminadores repasan os botóns da mesa de control.


As maquilladoras e figurinistas teñen todo a punto. Tod@s queremos estar guap@s...



O director e a rexedora, saúdan ao público, nun escenario que semella un caos. As compositoras, nos seus postos. O esquío, xa pasea por Central Park.

Que ben organizaron ese caos os escenógrafos! As caixas por un lado son árbores, e por outro, edificios.. Todo moi lixeiro e apilable, sobre pequenas plataformas con rodas.

A compañía se despide cantando Olélé e agradece os aplausos

Xove, 14 de xuño. Representación no teatro Pastor Díaz (Viveiro) 
Foi un día moi especial... Unha maravilla de teatro, de principios do século XX, no outono cumplirá 100 anos.
Nos trasladamos en autobús con todo o montaxe da ópera, e nos acompañaron moitos familiares. Algúns non puideron vir por motivos de traballo. Comimos nun restaurante tod@s xunt@s.
Chegando ao teatro. Esperando ao encargado, Luís, que nos ensinóu todo o teatro. Que ben nos tratóu! Grazas, Luis!


A nosa exposición

A mesa é algo diferente, está nunha cabina moi alta, desde onde vemos todo o escenario.

Todo dixitalizado..

As maquilladoras, nos camerinos, dominan o oficio á perfección

Mirade que gran traballo..

Recibimos a un montón de nenos e nenas, cós seus profes. Tamén veu Raquel, a nosa profe do ano pasado, cos seus alumnos e alumnas, aínda que non está na foto.



Os documentalistas, no seu posto. Mirade que preciosidade de teatro... Cada cole tiña a súa zona reservada, cun carteliño, no patio de butacas.



Que nenos e nenas máis riquiñ@s!

TODO  O MUNDO NOS FELICITABA.
FOI MOI MOI EMOCIONANTE, RETO CONSEGUIDO!!
SOMOS QUEN DE CREAR UNHA ÓPERA!

SOMOS QUEN DE FACER TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS, CÓ NOSO ESFORZO, ENTUSIASMO E AMOR!









martes, 5 de xuño de 2018

A CONTA ATRÁS...

Agora sí que estamos na conta atrás!!! Quedan poucos días para a primeira representación.



Útimos preparativos antes da estrea no salón de actos do noso cole. Servirá como ensaio xeral previo ás dúas seguintes representacións, no auditorio de Cariño e no teatro Pastor Díaz de Viveiro. Así traballan os nosos profesionais! Os que xa remataron, axudan a outros.

Mirade os escenógrafos. Algún irmán e irmá maior, ofrecéuse para axudar. E así o fixeron.



No decorado, as partes traseras dos edificios, convertiranse en árbores.


E aquí temos aos iluminadores




As figurinistas preparan un distintivo para as compositoras



As compositoras, con moito ritmo, e sempre acompasadas.



Auténticos maquilladores. Cuidando moito a pel



Con masaxe relaxante incluído.





Cada escenario é diferente, e coas súas características, por iso é importante coñecelos previamente.


Salón de Actos do cole


Auditorio Municipal 


Teatro Pastor Díaz

Os nenos e nenas de Viveiro xa contactaron cós RRPP para confirmar asistencia. Virán todos e todas! Están moi contentos de que os teñamos invitado. Algo máis de 300 nenos e nenas!
E nós, emocionados, ilusionados e algo nerviosos, porque queremos que saia todo ben, para non decepcionar ao público que veña ás representacións.
Por iso adicamos varias tardes á semana a ensaiar con toda a compañía. Cada un debe saber cal é o seu papel, e estar moi pendiente da súa función.
Ahh, e lembrados ás persoas maiores de Betania?? Pois virán tamén unhas 20 persoas á estrea en Viveiro..
Fainos moita ilusión!! Temos moi grato recordo deles.











SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.  Ped...